Programación de títere tradicional.

Os días 8 e 12 de novembro o Museo Galego da Marioneta organiza dúas funcións de títeres, aproveitando a presencia de destacadas compañías de  títere tradicional no Festival Titiriberia en Teo.

 

Z, Las Aventuras del Zorro.

O mércores día 8 de novembro ás 19:00 h.  no Museo Municipal Ramón Mª Aller de Lalín , Luca Ronga e Eudald Ferré representarán Z, Las Aventuras del Zorro.

Eudald Ferré formou parte de Pa Sucat, compañía catalana da que xa disfrutamos en Lalín con ocasión do Titirideza 2015 co espectáculo Maravillas de Oriente. Luca Ronga , italiano de Bolonia, é un dos especialistas en Pulcinella máis recoñecidos de Europa, cunha gran técnica de manipulación. A dirección do espectáculo é  de Lluis Graels.

Un Gobernador abusa do seu poder mediante un fiel exercito de soldados torpes pero O Zorro, oculto baixo unha máscara marca cunha Z aos abusadores e trae de cabeza ao Gobernador.

La muerte de Don Cristobal

O domingo 12 de Novembro, Cie Pelele reprsentará La muerte de Don Cristóbal, esta vez no Museo Galego da Marioneta-Pazo de Liñares ás 18:00 h.

Pelele é unha compañía francesa dirixida pola madrileña Paz Tatay, instalada en Toulouse.

O espectáculo está protagonizado por Don Cristóbal, o famoso personaxe de títere de cachiporra, parente de Polichinela, Punch e Barriga Verde.

Avaro, feo, perverso, sin escrúpulos, vive para aumentar a súa considerable fortuna. A súa criada, pobre, perversa e moito máis malvada que el, intentará maquinar para asasinalo, cortalo en anacos pequenos e roubalo.

Paz Tatay consigue recrear a un novo Don Cristóbal cheo de vida e forza dramática.

Advertisements
Publicado en Programación | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Na casiña de Fernanda Cabrera

Do 24 ao 27 de agosto celébrase en Lalín o Titirideza. Os espectáculos que conforman a programación do Titirideza 2017  teñen en común que son producidos e dirixidos por compañías de mulleres. Miradas diversas sobre “o feminino”.

Incluímos na programación unha pequena mostra do traballo de Fernanda Cabrera.

Fernanda Cabrera Varela, persoa fundamental da historia dos títeres en Galiza, formouse en Barcelona no Institut del Teatre con H. V. Tozer.

No ano 1981 regresa a Galiza e funda xunto a Rafael Vázquez Nuñez a compañía Marionetas Trécola recuperando a tradición dos títeres e as marionetas de fíos.

Loitadora tenaz e enérxica non escatimou esforzos para por en valor a marioneta como ferramenta da dramaturxia e conseguir  o recoñecemento e dignificación tanto das compañías de marionetas como dos seus espectáculos.

Impulsora dos primeiros circuítos de distribución galegos, Domingos de furabolos.

Formou parte da Asociación de titiriteiros galegos  que no ano 1985 organiza o primeiro festival de marionetas de Galiza,  Mondoñedo Primeiro Festival Galego dos Titiriteiros.

As mans do seu fillo Ero Vazquez Cabrera e as de Isa García Coldeira continúan co traballo escénico de Marionetas Trécola, actualizando o seu repertorio clásico e creando novos espectáculos.

“Na casiña de Fernanda Cabrera” é uha exposición que se pode visitar no Museo Galego da Marioneta, arredor da casiña, teatriño creado por Fernanda e Seara para o espectáculo “Nº 8 rúa dos contos” de Marionetas Trécola; pódense ver nesta mostra fotografías, marionetas, bocetos, carteis e folletos que nos dan unha idea do inmenso traballo realizado por Fernanda Cabrera.

O pasado día 18 de agosto inaugurouse esta exposición e a compañía Trécola representou “Nº 8 rúa dos contos” no elenco de marionetistas figuraban Ero Vázquez, fillo de Fernanda, a súa compañeira Isabel García e Ura García, neta de Fernanda, é a única compañía en activo en Galicia na que participan 3 xeracións de marionetistas.

Publicado en Exposicións, Fondos, Programación | Etiquetado , , , , | 1 comentario

Mamulengo. Bonecos no Museo Galego da Marioneta

Con motivo do Titerentroido 2017 celebrouse no Museo Galego da Marioneta a exposición Mamulengo. Teatro Popular de Bonecos do Brasil. Marcos Pena e Izabela Brochado de Trapusteros Teatro trouxéronos esta exposición e fixeron unhas representacións deste teatro popular de bonecos do Brasil.

Ao remate da exposición Marcos Pena e Izabela Brochado fixeron unha doazón de bonecos ao Museo Galego da Marioneta, bonecos que pasan a formar parte da colección deste museo.

Na rexión Nordeste do Brasil o teatro popular de marionetas recibe ás denominacións de  Mamulengo, Babau, João Redondo e Casimiro Coco, estes nomes están relacionados respectivamente aos estados de Pernambuco, Paraíba, Rio Grande do Norte e Ceará. O termo máis utilizado para designar o teatro de bonecos popular do Nordeste é Mamulengo.

Estes son os bonecos doados:

Cavaleiro

Bonequeiro: José Lopes

Grupo Mamulengo Teatro Riso, Glória de Goitá, Pernambuco.

Capataz 

Bonequeiro: Carlos 

Grupo Mamulengo Teatro Riso, Glória de Goitá, Pernambuco.

Quitéria

Bonequeira: Larissa Lopes,

Grupo Mamulengo Teatro Riso, Glória de Goitá, Pernambuco.

Estes bonecos foron confeccionados en xaneiro e febreiro de 2017 por membros do Teatro Riso de Gloria de Goitá en Pernambuco. Grupo creado por Jose Lopes da Silva-filho (Zé Lopes),  recoñecido e bonequeiro.

Para ampliar información sobre o mamulengo pódese  consultar o Dossier do Teatro de Bonecos Popular do Nordeste traballo coordinado por Izabela Costa Brochado.

Publicado en Exposicións, Fondos | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Exposición: Mamulengo. Teatro Popular de Bonecos do Brasil

Con motivo do XVI Titerentroido pódese visitar esta exposición  no Museo Galego da Marioneta do 15 ao 28 de febreiro .

A comisaria da exposición é a  Profesora Izabela Brochado, da Universidade de Brasilia, forma parte da compañía Trapusteros Teatro, compañía que tamén participa neste Titerentroido coa obra Este conto não é meu. O día 28 estará no Museo Municipal Ramón Mª Aller en funcións de mañá e tarde.20170214_175501

A exposición componse de bonecos e fotografías do Mamulengo, Tradición brasileira do teatro de marionetas que acaba de recibir o título de Patrimonio Cultural do Brasil.

Na rexión Nordeste do Brasil o teatro popular de marionetas recibe ás denominacións de  Mamulengo, Babau, João Redondo e Casimiro Coco, estes nomes están relacionados respectivamente aos estados de Pernambuco, Paraíba, Rio Grande do Norte e Ceará. O termo máis utilizado para designar o teatro de bonecos popular do Nordeste é Mamulengo.

A exposición consta de 18 bonecos de varios mestres que abarcan personaxes-tipo significativos que nos proporcionan un panorama amplo do Mamulengo brasileiro.

Ademais expóñense 50 fotogrl1208185afías que retratan diversos aspectos deste teatro popular (mestres, tipoloxías dos personaxes, representacións, procesos de traballo…)

No día da exposición Izabela Brochado realizou unha visita guiada e o grupo Trapusteros Teatro (Izabela Brochado e Marcos Pena)  deleitounos cunha representación De Bambu e a Morte do Mestre José Divina, de Pernambuco. Esta representación, foi realizada con bonecos da propia exposición. Os asistentes tiveron así a oportunidade de ver estas marionetas en movemento e ter unha noción máis clara do Mamulengo en cuanto fenómeno teatral.

 

Esta exposición danos a oportunidade de coñecer o Teatro de Bonecos Popular do Nordeste e comprender ás razóns polas que este teatro forme parte do Patrimonio Cultural do Brasil.

This slideshow requires JavaScript.

Para saber máis:

Teatro de Bonecos Popular do Nordeste. Patrimonio Cultural Inmaterial

Dossier do Teatro de Bonecos Popular do Nordeste

Publicado en Exposicións, Programación | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Títere ibérico no Museo Galego da Marioneta

Encadrado no proceso de recoñecemento e posta en valor do “títere popular de cachiporra”  e aproveitando a presencia destas dúas compañías no festival  Titiriberia, que organiza a Asociación Morreu o  Demo, prográmanse no Museo Galego da Marioneta dous espectáculos de compañías peninsulares con raíz na tradición europea.

Día 6 ás 18:00 . (A exposición a partir das 11:00)
Titelles Vergés (Barcelona)
El retorno de los títeres + Exposición monecos antigos

200807301300430-escanear0024_900x733

Titelles Vergés é a compañía de marionetas en activo máis antiga de Cataluña.
O espectáculo é unha viaxe no tempo ata o modernismo.

A familia Vergés conserva no seu repertorio durante tres xeracións as obras e as marionetas centenarias e que actuaron durante moitos anos no famoso local “Els quatre gats” de Barcelona.

Durante todo o día estarán expostas marionetas antigas da compañía.

 

Día 10 ás 18:00

Siesta Teatro (Granada)

Pulchinellis

luis_zarnoza__retrato_punch

Punchinellis é un espectáculo de marionetas de luva na tradición do títere de cachiporra.

Por séculos Punch, a fera, o policía, a morte ou o demo e a estaca –cachiporra- provocaron a risa e a algarabía do público caendo mortos e resucitando ao instante para seguir coas súas mofas e bailes.

 
Luis Z. Boy incorpora comentarios visuais e dá a volta ao preconcibido da historia, aínda que sempre fiel ao seu significado; eclecticismo de materiais e técnicas, que cunha riqueza incrible de imaxes presenta ao público.

 titeresr

Publicado en Programación, Técnicas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Cabaret e Espazo de improvisación no Pazo de Liñares

Esta fin de semana foi intensa no Museo Galego da Marioneta-Pazo de Liñares.

O venres 25 o compañía de Nelson Quinteiro ofreceu o seu espectáculo Burlesque night show.  Sensualidade… provocación, unha noite pícara e divertida

 

E o domingo 27 pola tarde adultos e nenos compartiron espazo e experiencias no Espazo de improvisación útil. Intensivo de voz e movemento,  dirixido por Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol. Comunicación, diversión, aprendizaxe para o corpo e o espírito.

Publicado en Programación, Varios | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Intensivo de voz e movemento. Por Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol

  • INTENSIVO DE VOZ E MOVEMENTO.

É un tempo e espazo para experimentar e investigar a Arte como Saúde a partir do Movemento e da Voz dunha maneira integral, holística e transversal para que sexa útil.

A poesía, a música no corpo (cerebro) en movemento son os troncos elixidos para mergullarnos na Creación individual compartillada e colectiva. O noso obxectivo principal é propiciar un lugar de aprendizaxe que logo sexa útil para a vida no día a día de cada un-unha e influenciar así, se cabe positivamente, a vida escolar-laboral, familiar e social. Realizaremos dinámicas que teñan que ver coa criazón livre, a improvisación, o xogo, as ferramentas de relacionamento e comunicación e o seu mapa emocional.intensivo

A poesía é unha potente arma a quen a desfruta,ademais do pracer sensorial e estético, produce unha maior actividade cerebral ao perceber estímulos elaborados en comparación con expresións neutras. Aquela escrita que se compón de carga emocional, esperta as mesmas rexións cerebrais que corresponden á musica. A música é unha auténtica recompensa cerebral en eficacia e pracer para as tareas a realizar. Expresión, habilidades sociais, teoría da mente, habilidades lingüísticas e matemáticas, habilidades visoespaciales e motoras, atención, memoria, funcións executivas, toma de decisións, autonomía, creatividade, flexibilidade emocional e cognitiva, todo conflúe de forma simultánea na experiencia musical. E para que todos os diferentes sistemas cerebrais se harmonicen e sexan eficientes uns con outros temos a danza, que nos converte en corpos intelixentes para aumentar a capacidade motora e de manipulación de obxectos grazas á exercitación do equilibrio, forza, flexibilidade… amais de facernos máis empáticos, ao comunicar pensamentos e sentimentos na xestualidade individual e con outro-a.

No Museo Galego da Marioneta-Pazo de Liñares

Prado-Lalín

O 27 de novembro ás 17:30

Prazas limitadas

Inscricións

Tfno.:  635 17 51 43

Email: museodamarioneta@lalin.gal

Publicado en Programación | Etiquetado , , , | Deixar un comentario