Feiras, títeres, música e maxia no Museo Galego da Marioneta

O próximo 29 de xaneiro ás 20:30 h. a “Asociación Morreu o Demo para a recuperación do Títere Tradicional Galego” traeranos ao Espazo Liñares a Exposición “Barriga Verde, de feira en feira”

A exposición pretende mergullar os visitantes no fantástico mundo no que naceu Barriga Verde, o último monicreque popular galego. Ao longo das súas tres salas proponse un percurso polo mundo no que se desenvolveu este espectáculo, o das feiras tradicionais, acontecemento festivo por excelencia en Galicia até a década de 1960. Asímesmo, condúcenos polas bambalinas da barraca para coñecer os segredos dos titereiros que fixeron posíbel a maxia destes títeres até a súa desaparición, case ao mesmo tempo que aquelas feiras que aínda lembran os nosos maiores, de cando o cinema e a televisión aínda non eranas principais fábricas de soños. Poderáse visitar ata o 31  de marzo.

lona

O sábado 31 ás 20:30 h. Benxa Otero & Carlos Quintá ofrecerános “As mans son nubes pequenas” Música e maxia. Concerto e ilusionismo. Unha marabillosa mestura entre música, maxia, nubes e campás.

nubes pequeñas_captura (1)

E o luns 2 de febreiro, as 21:00 h. presentación do novo disco de OH Trío, “Cancionero Gallego”

cartel generalcp

 OH TRÍO presenta o seu novo traballo discográfico, baseado en melodías tradicionais do “Cancionero Gallego” de E: Martínez Torner / J. Bal y Gay.

OH TRÍO propón unha recreación de melodias galegas desde a óptica do jazz e a improvisación.

-Antonio Bravo, guitarra acústica.
-Germán Díaz, zanfona, caixa de música programable e serra musical.
-Diego Martín, bendhir y batería.

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Exposicións, Programación coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s