Fred Martins e Pedro Pascual no Museo Galego da Marioneta

O sábado día 2 de maio ás 20:30 Pedro Pascual e Fred Martins ofrecerán un concerto no Espazo Liñares-Museo Galego da Marioneta.

Entrada 5 €

unnamed

 

Fred Martins
Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins ofrece un repertorio autoral variado e moi relacionado coa tradición musical do artesanato da canción en Brasil, dialogando co samba e a bossa nova, e tamén mesturando elementos do rock e doutros estilos musicais.
O talento do compositor foi recoñecido no último Premio Visa de Música Brasileira, onde recibiu o premio por unanimidade do xurado e o voto popular, conferido polo público. Tamén rexistrado en disco por Maria Rita (Sem Aviso, Perfeitamente, esta en o recentemente lanzado cd Elo), Ney Matogrosso (Tempo Afora, Novamente) e Zélia Duncan (Hóspede do tempo, Flores).
A súa relación coa tradición musical brasileira afianzouse co traballo de transcrición de partituras para algúns dos mais famosos Songbooks producidos por Almir Chediak entre eles os de Chico Buarque, Tom Jobim, Gilberto Gil, Dorival Caymmi, Noel Rosa, João Bosco, Caetano Veloso entre outros.
Publicou catro discos Janelas (2001), Raro e comum (2005), Tempo Afora, Cd e DVD (2008), Guanabara (2009). Acaba de lanzar o traballo Acrobata en dúo con Ugia Pedreira (Galicia).
Participou nos festivais internacionais Lulaworld 2014 (Canadá), Músicas Portuarias, Cantos na Maré (España), Festival de Verão de Vila Real (Portugal) Festival Jawhara (Marrocos), Projeto Pixinguinha e Música na Caixa (Brasil) entre outros eventos.
Actualmente participa como compositor e intérprete no espectáculo de María Pagés, Utopía inspirado en Óscar Niemeyer.


Pedro Pascual
Intérprete, docente, compositor e produtor que coñece diversos instrumentos. Está ligado a proxectos como Laio, Marful, Talabarte, Descarga ao Vivo, Ao Pe da Letra. Tocou e gravou con inumerábeis artistas e grupos das músicas tradicionais, da Península e internacionais. Desde o ano 2000 adícase á docencia e divulgación do acordeón diatónico.
Na actualidade realiza concertos ao vivo, produce e arranxa traballos discográficos, grava os seus propios proxectos e compón por encargo diferentes B.S.O. e sintonías para TV, teatro, publicidade e audiovisuais.


Fred Martins e Pedro Pascual intreprentan cancións propias e populares que teñen relación coa tradición da música ibérica en Brasil.

Sin título-1

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Programación coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s