O capitán Garfo e Xandobela no Museo Galego da Marioneta

Os próximos días 26 e 27 de xuño o Espazo Liñares-Museo Galego da Marioneta programa dúas actividades infantís:

Día 26, venres ás 19 h.

O capitán Garfo presenta:

“Menudo Garfo”

Donativo 3 €

O Capitán Garfo-

Saúl Cacharrón, conta cunha ampla formación e experiencia como docente e musicólogo no eido das artes escénicas e musicáis.

Este espectáculo pensado para crianzas de 3 a 12 anos, desenrólase a medio camiño entre o espectáculo musical e o teatro.

A maiores da parte lúdica, mostraranos as familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías….

O prestixioso cociñeiro Aogusto Loureiro amosaranos a súa peculiar forma de cociñar. Mentres el cre ser o mellor cociñeiro do mundo o certo é que non é o seu punto forte.

Mediante un impulso máxico aparecerá o Capitán Garfo para ensinarnos como se alimentan os auténticos superheroes.

Día 27 sábado ás 19 h.

Xandobela presenta

“Elemental querido títere”

 

foto

Tras meses de investigación no misterioso caso acontecido no ‘Museo da Marioneta, a axencia de detectives Xandobela solicita a axuda das e dos máis intrépidos investigadores da redonda coas máis brillantes e audaces mentes para resolver o meirande enigma ao que xamais se teñan enfrontado.

Xentes valerosas! Acudan o vindeiro 27 de xuño ás 19:00 ao Pazo de Liñares   a resolver este curioso enigma

Idade recomendada: a partir de 5 anos

 

 

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Programación coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s