Alba Grande estará no Museo Galego da Marioneta os días 9 e 10 de xullo preparando e adaptando esta representación a este espazo. A representación realizarase o día 11 de xullo ás 20:30 h. “O PALLEIRO” Unha obra orixinal de: Alba Grande Dirixida por: Gena Baamonde “Tratamos os xeitos de achegar o acto vivo e inmediato que é o teatro, ao público que menos acceso ten a velo, e dende a unha distancia de achegamento, co fin de desmarcar a distinción entre os status de artista e público, que xa se crea coa construción do clásico edificio do teatro”
OBXECTIVOS DE XIRA DESTA OBRA • Achegar o teatro aos sectores sociais que por non teren acceso xa non teñen a opción de ter interese. • Facer do teatro un medio vivo e espontáneo de comunicación coa sociedade. • Facer partícipes a persoas das localidades coa recepción da obra na súa localidade. • Fornecer a cultura do medio rural con máis actividades que apoien aos medios produtivos e de turismo, e ao coidado ambiental da súa paisaxe. • Atopar a versatilidade da obra, e enriquecer o seu discurso, sen limitarnos a actualo só no rural. • Retribuír en Galicia a inversión en experiencia e formación acadada polos artistas. • Acadar máis elevados niveis de experiencia nas traxectorias artísticas. O ESPECTÁCULO Esta é unha peza teatral dramática, con moitos trazos cómicos e musicais, apta para o público interxeracional. O público principal será calquera persoa que se achegue a ver a obra no espazo correspondente. A obra dramática comprende varios estilos de actuación; dende o texto ao teatro físico, ou aos títeres e á máscara. Conxugándose nun estilo propio de arte escénica que pretende directamente acoller a atención e a sorpresa do público, a súa risa e a súa morriña. Ao remate, ofrecemos ao público un tempo con degustación e coloquio, para compartir os seus pareceres e preguntas connosco. A próposito de fomentar a reflexión ou o sentido colectivo sobre o vivido co teatro, ou intercambiar historias. O que tamén nos permite valorar cada actuación, lugar e público en sí mesmos. O dúo entre a actriz e o músico fórmase a partir deste proxecto, coa vontade de construír un diálogo vivo entre as dúas forzas escénicas: o teatro e a música. Sinopse: É a historia dunha muller rural. Nace, xoga, medra e traballa no rural. A súa xeración devanceira invítaa case con obriga a abandoar a terra na que naceu para procurar o éxito persoal eprofesional na cidade. Alí vive as experiencias positivas e negativas dun novo entorno social elaboral, que a levarán a reveleacións vitais sobre sí mesma.
EQUIPA ALBA GRANDE. Actriz e creadora orixinal do proxecto GENA BAAMONDE. Direcc ión de escena ÁLEX ÁLVAREZ. C omposición e Interpretación musical en escea GUILLERMO RIVERA. C omposición e Interpretación musical en escea ANDREA LORENZO. Soporte de produción, xestión e distribución
- Ensaio
- Mostra no SOPA’15
- Presentando o proxecto no SOPA’15
- Andrea Lorenzo
- Alex Álvarez