“Eran os oitenta…” Exposición no Titirideza 2015

Biblioteca Marioneta

TITIRIDEZA_2015

Nos últimos anos da década dos setenta e comezo da dos oitenta xorden en Galicia novas compañías de marionetas para encher o baleiro producido co abandono de José Silvent e a súa Barraca de Barriga Verde no ano 1964. O pulo definitivo será a celebración en Mondoñedo do I Festival Galego dos Titiriteiros e a creación da Asociación de Titiriteiros Galegos.

Celébranse 30 anos daquela xuntanza e o Titirideza 2015 quere render homenaxe a aquel esforzo cunha programación exclusivamente de compañías de Galiza que amosen a vitalidade desta arte no noso país.

Así mesmo, a reapertura do Museo Galego da Marioneta no Pazo de Liñares permite expoñer material documental daquel tempo, non tan afastado.

Esta exposición, baixo o título de “Eran os oitenta…” permanecerá ata o 15 de setembro no Museo Galego da Marioneta

CARTELERÍA

PUBLICACIÓNS

FOTOGRAFÍAS

VÍDEOS

Longa vida ás marionetas!!!

View original post

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Esta entrada foi publicada en Varios. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s