Marioneta utilizada en “O retablo de maese Pedro”, por “Os monicreques de Kukas”.
Esta adaptación musical con marionetas dun episodio do “Inxenioso Cabaleiro Don Qixote da Mancha” de Miguel de Cervantes xurde dun encargo realizado pola Princesa de Polignac a Manuel de Falla dunha ópera para títeres para ser representada no seu palacio de París no ano 1923.
“Os Monicreques de Kukas” fixeron esta produción no ano 2001, baixo a dirección escénica de Marcelino de Santiago (Kukas) e a dirección musical de Antoni Ros Marbá, coa Orquesta “Real Filharmonía de Galicia”
Esta marioneta que representa a Don Quixote está realizada en papel, madeira e metal, o manipulador coloca a marioneta nun arnés e cun mando horizontal que sae da espalda da marioneta manipúlase a cabeza, os brazos levan variñas e as pernas son movidas directamente polas pernas do manipulador.