No desexo de conseguir uns movementos, e con eles unha expresión das marionetas cada vez máis perfecto, fóronse desnvolvendo ao longo dos tempos distintas técnicas e aparellos para controlalas durante a representación. Este control ao que lle chamamos manipulación convértese en algo esencial para materializar no escenario os personaxes que interpretan as marionetas. A complexidade e variedade destas técnicas fai moi dificil a súa clasificación. Adoitase intentalo partindo da distinta relación espacial do manipulador coa marioneta:
1. Manipuladas por abaixo: a marioneta está situada nun plano superior ao manipulador.

Marioneta de luva

Marioneta de variñas
2. Manipuladas por arriba: a marioneta está situada nun plano inferior ao manipulador.
3. Manipuladas por atrás: a marioneta está situada no mesmo plano do manipulador.