- INTENSIVO DE VOZ E MOVEMENTO.
É un tempo e espazo para experimentar e investigar a Arte como Saúde a partir do Movemento e da Voz dunha maneira integral, holística e transversal para que sexa útil.
A poesía, a música no corpo (cerebro) en movemento son os troncos elixidos para mergullarnos na Creación individual compartillada e colectiva. O noso obxectivo principal é propiciar un lugar de aprendizaxe que logo sexa útil para a vida no día a día de cada un-unha e influenciar así, se cabe positivamente, a vida escolar-laboral, familiar e social. Realizaremos dinámicas que teñan que ver coa criazón livre, a improvisación, o xogo, as ferramentas de relacionamento e comunicación e o seu mapa emocional.
A poesía é unha potente arma a quen a desfruta,ademais do pracer sensorial e estético, produce unha maior actividade cerebral ao perceber estímulos elaborados en comparación con expresións neutras. Aquela escrita que se compón de carga emocional, esperta as mesmas rexións cerebrais que corresponden á musica. A música é unha auténtica recompensa cerebral en eficacia e pracer para as tareas a realizar. Expresión, habilidades sociais, teoría da mente, habilidades lingüísticas e matemáticas, habilidades visoespaciales e motoras, atención, memoria, funcións executivas, toma de decisións, autonomía, creatividade, flexibilidade emocional e cognitiva, todo conflúe de forma simultánea na experiencia musical. E para que todos os diferentes sistemas cerebrais se harmonicen e sexan eficientes uns con outros temos a danza, que nos converte en corpos intelixentes para aumentar a capacidade motora e de manipulación de obxectos grazas á exercitación do equilibrio, forza, flexibilidade… amais de facernos máis empáticos, ao comunicar pensamentos e sentimentos na xestualidade individual e con outro-a.
No Museo Galego da Marioneta-Pazo de Liñares
Prado-Lalín
O 27 de novembro ás 17:30
Prazas limitadas
Inscricións
Tfno.: 635 17 51 43
Email: museodamarioneta@lalin.gal