Encadrado no proceso de recoñecemento e posta en valor do “títere popular de cachiporra” e aproveitando a presencia destas dúas compañías no festival Titiriberia, que organiza a Asociación Morreu o Demo, prográmanse no Museo Galego da Marioneta dous espectáculos de compañías peninsulares con raíz na tradición europea.
Día 6 ás 18:00 . (A exposición a partir das 11:00)
Titelles Vergés (Barcelona)
El retorno de los títeres + Exposición monecos antigos
Titelles Vergés é a compañía de marionetas en activo máis antiga de Cataluña.
O espectáculo é unha viaxe no tempo ata o modernismo.
A familia Vergés conserva no seu repertorio durante tres xeracións as obras e as marionetas centenarias e que actuaron durante moitos anos no famoso local “Els quatre gats” de Barcelona.
Durante todo o día estarán expostas marionetas antigas da compañía.
Día 10 ás 18:00
Siesta Teatro (Granada)
Pulchinellis
Punchinellis é un espectáculo de marionetas de luva na tradición do títere de cachiporra.
Por séculos Punch, a fera, o policía, a morte ou o demo e a estaca –cachiporra- provocaron a risa e a algarabía do público caendo mortos e resucitando ao instante para seguir coas súas mofas e bailes.
Luis Z. Boy incorpora comentarios visuais e dá a volta ao preconcibido da historia, aínda que sempre fiel ao seu significado; eclecticismo de materiais e técnicas, que cunha riqueza incrible de imaxes presenta ao público.