Na casiña de Fernanda Cabrera

Do 24 ao 27 de agosto celébrase en Lalín o Titirideza. Os espectáculos que conforman a programación do Titirideza 2017  teñen en común que son producidos e dirixidos por compañías de mulleres. Miradas diversas sobre “o feminino”.

Incluímos na programación unha pequena mostra do traballo de Fernanda Cabrera.

Fernanda Cabrera Varela, persoa fundamental da historia dos títeres en Galiza, formouse en Barcelona no Institut del Teatre con H. V. Tozer.

No ano 1981 regresa a Galiza e funda xunto a Rafael Vázquez Nuñez a compañía Marionetas Trécola recuperando a tradición dos títeres e as marionetas de fíos.

Loitadora tenaz e enérxica non escatimou esforzos para por en valor a marioneta como ferramenta da dramaturxia e conseguir  o recoñecemento e dignificación tanto das compañías de marionetas como dos seus espectáculos.

Impulsora dos primeiros circuítos de distribución galegos, Domingos de furabolos.

Formou parte da Asociación de titiriteiros galegos  que no ano 1985 organiza o primeiro festival de marionetas de Galiza,  Mondoñedo Primeiro Festival Galego dos Titiriteiros.

As mans do seu fillo Ero Vazquez Cabrera e as de Isa García Coldeira continúan co traballo escénico de Marionetas Trécola, actualizando o seu repertorio clásico e creando novos espectáculos.

“Na casiña de Fernanda Cabrera” é uha exposición que se pode visitar no Museo Galego da Marioneta, arredor da casiña, teatriño creado por Fernanda e Seara para o espectáculo “Nº 8 rúa dos contos” de Marionetas Trécola; pódense ver nesta mostra fotografías, marionetas, bocetos, carteis e folletos que nos dan unha idea do inmenso traballo realizado por Fernanda Cabrera.

O pasado día 18 de agosto inaugurouse esta exposición e a compañía Trécola representou “Nº 8 rúa dos contos” no elenco de marionetistas figuraban Ero Vázquez, fillo de Fernanda, a súa compañeira Isabel García e Ura García, neta de Fernanda, é a única compañía en activo en Galicia na que participan 3 xeracións de marionetistas.

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Exposicións, Fondos, Programación coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Na casiña de Fernanda Cabrera

  1. Pingback: Arranca a edición anual do Titirideza, con espectáculos de compañías producidas e dirixidas por mulleres – Editorial

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s