Sobre o museo

O  Museo Galego da Marioneta, inaugurouse en outubro do ano 2001, Froito dun convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Lalín e a compañía  “Viravolta títeres”, que xestionou este espazo permanente para mostrar a súa colección de marionetas e fomentar o goce, investigación, estudio e recuperación da arte dos títeres; o museo amplía cada ano o seu fondo documental con incorporacións de novas pezas, libros, vídeos e outros materiais sobre esta materia.

A xénese deste recinto remóntase ao ano 1998, data na que o Museo Municipal “Ramón María Aller” de Lalín acolleu a exposición conmemorativa do décimo quinto aniversario da estrea do primeiro espectáculo de monicreques da compañía “Viravolta títeres”. Aquela exposición foi o xerme do Museo Galego da Marioneta, que en poucos anos converteuse nunha referencia ineludible para todos os interesados no mundo do monicreque; manteu unha programación estable cara ao público, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos monicreques e da educación e mostras de teatro de monicreques e outras actividades como Titerentroido, Titirideza, Ruada e Cantos e Contos do Nadal.

A finais de 2010, despois de 10 anos pechou as súas portas en espera dunha mellor ubicación, a partir dese momento  a compañía Viravolta exhibíu habitualmente parte dos seus fondos en exposicións temporais.
En setembro de 2014 asinouse un novo convenio co concello de Lalín asignándoselle a ubicación no Pazo de Liñares, finalmente, o día 13 de decembro abríu as portas, con dúas salas de exposicións e a biblioteca, iniciandose a programación de actividades.

INAUGURACIÓN MUSEO GALEGO DA MARIONETA NO PAZO DE LIÑARES from Concello de Lalín on Vimeo.

“Desde Galicia para el mundo”, tve internacional. Emisión de 21.02.2015

 

Museo Galego da Marioneta

Pazo de Liñares-Prado

36512 Lalín

Apdo. 185 Lalín

Tel. 986784694

museodamarioneta@lalin.gal

HORARIO DE VERÁN:

Martes a xoves

Mañás: De 11 a 14 h.

Tardes: De 17 a 20 h.

Venres a domingo

Mañás: De 11 a 14 h.

Tardes: De 17 a 21 h.

Luns pechado

Semana Santa 2018: Xoves pechado

1 Response to Sobre o museo

  1. Pingback: Xornada cultural e gastronómica | As Cuncas Culturais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s