Seguindo a liña da edición anterior o Titirideza mostra imaxes do noso pasado. A exposición Marionetas en Lalín que se podevisitar no Pazo de Liñares mostra carteis, fotografías, folletos e outros materiais arredor da presenza da marioneta en Lalín.
Materiais tanto de programacións que se seguen realizando como o Titirideza, o Titerentroido e a Algarabía como doutras que seguen na memoria como Xullo na Praza das Pipas, A foliada, o Refestexo… Pezas que forman parte dos fondos da biblioteca e do arquivo do Museo Galego da Marioneta.

Demos feitos na Residencia Nosa Señora das Dores de Lalín, obradoiro organizado por Celso Fernández Sanmartín que serviron de base para a elaboración dos carteis dos Titerentroidos dos anos 2004 ao 2007
- Folletos de Titerentroidos e Titiridezas
- Fotografías varias
- Publicacións
- Público na Foliada
- Titiriteiras na Rúa Colón
- Títeres xogando no Pub O Vento