Exposición: Mamulengo. Teatro Popular de Bonecos do Brasil

Con motivo do XVI Titerentroido pódese visitar esta exposición  no Museo Galego da Marioneta do 15 ao 28 de febreiro .

A comisaria da exposición é a  Profesora Izabela Brochado, da Universidade de Brasilia, forma parte da compañía Trapusteros Teatro, compañía que tamén participa neste Titerentroido coa obra Este conto não é meu. O día 28 estará no Museo Municipal Ramón Mª Aller en funcións de mañá e tarde.20170214_175501

A exposición componse de bonecos e fotografías do Mamulengo, Tradición brasileira do teatro de marionetas que acaba de recibir o título de Patrimonio Cultural do Brasil.

Na rexión Nordeste do Brasil o teatro popular de marionetas recibe ás denominacións de  Mamulengo, Babau, João Redondo e Casimiro Coco, estes nomes están relacionados respectivamente aos estados de Pernambuco, Paraíba, Rio Grande do Norte e Ceará. O termo máis utilizado para designar o teatro de bonecos popular do Nordeste é Mamulengo.

A exposición consta de 18 bonecos de varios mestres que abarcan personaxes-tipo significativos que nos proporcionan un panorama amplo do Mamulengo brasileiro.

Ademais expóñense 50 fotogrl1208185afías que retratan diversos aspectos deste teatro popular (mestres, tipoloxías dos personaxes, representacións, procesos de traballo…)

No día da exposición Izabela Brochado realizou unha visita guiada e o grupo Trapusteros Teatro (Izabela Brochado e Marcos Pena)  deleitounos cunha representación De Bambu e a Morte do Mestre José Divina, de Pernambuco. Esta representación, foi realizada con bonecos da propia exposición. Os asistentes tiveron así a oportunidade de ver estas marionetas en movemento e ter unha noción máis clara do Mamulengo en cuanto fenómeno teatral.

 

Esta exposición danos a oportunidade de coñecer o Teatro de Bonecos Popular do Nordeste e comprender ás razóns polas que este teatro forme parte do Patrimonio Cultural do Brasil.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Para saber máis:

Teatro de Bonecos Popular do Nordeste. Patrimonio Cultural Inmaterial

Dossier do Teatro de Bonecos Popular do Nordeste

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Exposicións, Programación coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

1 Responses to Exposición: Mamulengo. Teatro Popular de Bonecos do Brasil

  1. Pingback: Mamulengo. Bonecos no Museo Galego da Marioneta | Museo Galego da Marioneta

Deixar un comentario